Non acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas a las que se lles diagnosticase a enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as que se atopen en período de corentena domiciliaria por haber tido contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
A Feira do Viño do Rosal terá lugar nun recinto pechado habilitado na Praza do Calvario do Rosal, os días 16, 17 e 18 de xullo dacordo ao programa publicado nesta páxina web.
A organización de todos os eventos programados cumprirán co protocolo establecido pola Dirección Xeral de Saude Pública da Xunta de Galicia para eventos musicais de media afluencia.
A inscrición previa é obrigatoria para o acceso ao recinto e aos eventos do programa. Para facilitar o proceso, os formularios desta web serán o ÚNICO MÉTODO VÁLIDO para rexistrarse, non sendo posible facelo por teléfono ou a través de correo electrónico (agás a Cata comentada ou as visitas guiadas nas adegas, que teñen o seu propio sistema de inscrición).
É completamente gratuíto, dado que se trata dunha reserva, non dunha compra.
Asignarase un localizador a cada persoa rexistrada, que recibirá por correo electrónico ou na pantalla trala inscrición, e que deberá apuntar e facilitar no control de accesos para acceder ao recinto.
O número máximo de persoas que poderán asistir a cada evento dacordo ao establecido polo protocolo de aplicación será de 250.
O recinto estará perimetrado e vallado, polo que se prega que as persoas que non estean rexistradas NON ACUDAN AO LUGAR co fin de evitar aglomeracións.
No interior do recinto as persoas deberán ocupar as mesas habilitadas en grupos máximos de 6 persoas, e gardando unha distancia de 1,5m de outras persoas non convivintes.
O uso de máscara no interior do recinto será obrigatorio en todo momento, agás no momento de consumir, volvendo a colocar a máscara de inmediato.
As persoas participantes poderán levantarse para adquirir os viños do Rosal nos postos habilitados, evitando aglomeracións e limitando o tempo de desplazamento ao mínimo necesario para obter os viños e votar á mesa.
Nesta área estará PROHIBIDO fumar ou consumir calquera producto do tabaco, así como o uso de vapeadores.
Os establecementos hostaleiros da Parza do Calvario, dacordo á normativa COVID19 vixente para a hostalería, so poderán servir ás persoas que estean no interior ou nas terrazas dacordo aos aforos vixentes, NUNCA A PERSOAS DE PÉ na praza que non ocupen unha mesa nunha terraza.
Tanto no exterior como no interior do recinto haberá un dispositivo policial e de seguridade que garantirá o cumprimento das medidas preventivas e de distancia física.
Calquera persoa inscrita aos eventos da Feira do Viño comprométese de xeito responsable a cumprir en todo momento coas indicacións recibidas polo persoal de organización e a seguir a totalidade destas normas e doutras adicionais que se poidan engadir a estas co obxectivo de mellorar a seguridade da celebración dos eventos.