Condicións de compra

1. INTRODUCIÓN

 

O presente texto (xunto con todos os textos mencionados nel) establece as condicións que rexen o uso deste sitio web (feiradoviño.gal) e a compra de produtos nel (en diante, as “Condicións”), calquera que sexa a aplicación, soporte dixital, soporte ou dispositivo a través do que se poida acceder. Pregámoslle que lea atentamente estas Condicións e a nosa Política de Privacidade e Cookies (“Política de Privacidade e Cookies”) antes de usar este sitio web. Ao usar este sitio web ou facer un pedido a través del vostede consinte quedar vinculado por estas condicións e pola nosa Política de Privacidade e Cookies, polo que se non está de acordo con todas as Condicións e a Política de Privacidade e Cookies, non debe usar este sitio web.

Se ten algunha dúbida sobre as Condicións ou a Política de Privacidade e Cookies, pode poñerse en contacto connosco a través das nosas canles de contacto.

 

2. OS NOSOS DATOS

 

A venda de artigos a través desta páxina web é realizada baixo a denominación Feira do viño do Rosal 2020 por Asociación Adegas Rosal, con domicilio en Rúa Cabaqueiros 4 – 36770 O Rosal (Pontevedra, España), con teléfono +34 686122079 e enderezo electrónico confrariavinorosal@gmail.com

 

3. OS SEUS DATOS E AS SÚAS VISITAS A ESTA PÁXINA WEB

 

A información ou datos personais que nos facilite sobre vostede serán tratados con arranxo ao establecido na Política de Privacidade e Cookies. Ao facer uso desta páxina web vostede consinte o tratamento de dita información e datos e declara que toda a información ou datos que nos facilite son veraces e se corresponden coa realidad.

 

4. USO DO NOSO SITIO WEB

 

Ao facer uso desta páxina web e realizar pedidos a través da mesma vostede comprométese a:

  • Facer uso desta páxina web unicamente para realizar consultas ou pedidos legalmente válidos.
  • Non realizar ningún pedido falso ou se razonablemente se puidera considerar que se ten feito un pedido desta índole estaremos autorizados a anulalo e a informar ás autoridades pertinentes.
  • Facilitarnos o seu enderezo de correo electrónico, dirección postal e/ou outros datos de contacto de forma veraz e así mesmo, consinte que poderemos facer uso de dita información para poñernos en contacto con vostede se fose necesario (ver nosa Política de Privacidade).

Se non nos facilita vostede toda a información que necesitamos, non poderemos cursar o seu pedido.

Ao realizar un pedido a través desta páxina web, vostede declara ser maior de 18 anos e ter capacidade legal para celebrar contratos.

 

5. DISPOÑIBILIDADE DO SERVIZO

 

Os servizos que se ofrecen a través desta páxina web son de carácter dixital e a súa compra está dispoñible desde cualquera parte do mundo.

 

6. COMO REALIZAR UN PEDIDO

 

Para realizar un pedido, deberá seguir o procedemento de compra online e facer clic no botón de finalizar compra. Tras isto, recibirá un correo electrónico acusando recibo do seu pedido (a “Confirmación de Pedido”).

 

7. MEDIOS TÉCNICOS PARA CORRIXIR ERROS

 

En caso de que vostede detectase que se produxo un erro ao introducir os seus datos personais durante o seu rexistro como usuario desta páxina web, poderá modificar os mesmos no apartado “A miña conta”.

En todo caso, poderá corrixir erros relacionados cos datos personais achegados durante o proceso de compra dirixíndose ao servicio de atención ao cliente a través do teléfono 986 623 568, ou do enderezo de correo electrónico soporte@linckia.es, así como exercitar o dereito de rectificación contemplado na nosa Política de Privacidade e Cookies.

Esta páxina web amosa ventás de confirmación en diversos apartados do proceso de compra que non permiten proseguir co pedido se os datos destes apartados non se proporcionaron correctamente. Así mesmo, esta páxina web ofrece os detalles de todos os produtos ou inscricións que teña engadido á súa cesta durante o proceso de compra, de forma que, antes de realizar o pago, vostede poderá modificar os datos do seu pedido.

Se vostede detectase un erro no seu pedido con posterioridade á finalización do proceso de pago, deberá poñerse en contacto de xeito inmediato co noso servizo de atención ao cliente, no teléfono ou na dirección de correo electrónico anteriormente mencionados, para subsanar o erro.

 

8. DISPOÑIBILIDADE

 

Todos os pedidos están suxeitos á dispoñibilidade de stock. Se se producisen dificultades en canto á falta de stock, reembolsarase cualquera cantidad que puidera vostede ter abonado.

 

9. ENTREGA

 

Os produtos ofertados nesta web entregaranse de xeito físico na dirección sinalada durante o proceso de compra.

 

10. PREZO E PAGO

 

Os prezos da páxina web inclúen IVE.

Os prezos poden cambiar en cualquera momento, pero os posibles cambios non afectarán aos pedidos aos que xa se lles enviara unha Confirmación de Pedido.

Unha vez que se seleccionen todos os produtos que desexa mercar, estes engadiranse a súa cesta e o paso seguinte será tramitar o pedido e efectuar o pago. Para iso, deberá seguir os pasos do proceso de compra, enchendo ou comprobando a información que en cada paso se lle solicita. Así mesmo, durante o proceso de compra, antes de realizar o pago, poderá modificar os datos do seu pedido. Dispón dunha descrición detallada do proceso de compra na Guía de Compra. Ademais, se é vostede un usuario rexistrado, dispón dun detalle de todos os pedidos realizados no apartado A miña conta.

Poderá utilizar como medio de pago as tarxetas Visa, Mastercard, American Express, Affinity Card e PayPal.

Ao hacer clic en “Autorizar Pago” vostede está confirmando que a tarxeta de crédito é súa.

Para minimizar o risco de acceso non autorizado, codificaránse os datos da súa tarxeta de crédito. As tarxetas de crédito estarán suxeitas a comprobacións e autorizacións por parte da entidade emisora das mesmas, pero se dita entidade non autorizase o pago, non nos faremos responsables por ningún retraso ou falta de entrega e non poderemos formalizar ningún contrato con vostede.

 

11. COMPRA COMO INVITADO

 

Esta páxina web non permite a compra a través da funcionalidade de compra como invitado. Para realizar a compra ten que estar rexistrado ou se lle dará a opción de rexistrarse durante o proceso de compra.

 

12. IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO E FACTURACIÓN

 

De conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido, a entrega dos artigos entenderase localizada no territorio de aplicación do IVE español se a dirección de entrega está en territorio español agás Canarias, Ceuta e Melilla. O tipo de IVE aplicable será o legalmente vixente en cada momento en función do artigo concreto do que se trate.

Nos pedidos con destino a Canarias, Ceuta e Melilla, as entregas encontraranse exentas de IVE por aplicación do disposto no artigo 21 de Lei 37/1992, sen prexuízo da aplicación dos impostos e aranceis correspondentes conforme á normativa vixente en cada un destes territorios. Vostede autorízanos expresamente a emitir a factura en soporte electrónico, se ben poderá indicarnos en cualquera momento a súa vontade de recibir unha factura en soporte papel, en cuxo caso, emitiremos e remitiremos a factura en dito formato.

 

13. POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS

 

Non se admiten devolucións.

 

14. RESPONSABILIDADE E EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

 

Agás que expresamente se dispoña do contrario nas presentes Condicións, a nosa responsabilidade en relación con cualquera produto adquirido na nosa páxina web estará limitada estrictamente ao prezo de compra de dito produto.

Non obstante, e agás disposición legal en sentido contrario, non aceptaremos ningunha responsabilidade polas seguintes perdas, con independencia da súa orixe:

  • perda de ingresos ou vendas:
  • perda de negocio;
  • lucro cesante ou perda de contratos;
  • perda de aforros previstos;
  • perda de datos; e
  • perda de tempo de xestión ou de horario de oficina.

Debido á posibilidade de que se produzan erros na almacenaxe e transmisión de información dixital, non garantimos a precisión e seguridade da información transmitida ou obtida por medio desta páxina web a non ser que se estableza expresamente o contrario na mesma.

 

15. PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL

 

Vostede recoñece e consinte que todo copyright, marca rexistrada e demais dereitos de propiedade industrial e intelectual sobre os materiales ou contidos que se achegan como parte da páxina web correspóndennos en todo momento a nós ou a quen nos outorgou licenza para o seu uso. Vostede poderá facer uso de dito material unicamente na forma en que o autoricemos expresamente. Isto non lle impedirá utilizar esta páxina web na medida necesaria para copiar a información sobre o seu pedido ou datos de Contacto.

 

16. VIRUS, PIRATERÍA E OUTROS ATAQUES INFORMÁTICOS

 

Vostede non debe facer un uso indebido desta páxina web mediante a introdución intencionada na mesma de virus, troianos, vermes, bombas lóxicas ou calquera outro programa ou material tecnoloxicamente prexudicial ou daniño. Vostede non tratará de ter acceso non autorizado a esta páxina web, ao servidor no que dita páxina atópase aloxada ou a calquera servidor, ordenador ou base de datos relacionada coa nosa páxina web. Vostede comprométese a non atacar esta páxina web a través dun ataque de denegación de servizo ou dun ataque de denegación de servizo distribuído.

O incumprimento desta cláusula podería levar aparellada a comisión de infraccións tipificadas pola normativa aplicable. Informaremos de calquera incumprimento de dita normativa ás autoridades competentes e cooperaremos con elas para descubrir a identidade do atacante. Así mesmo, en caso de incumprimento da presente cláusula, deixará inmediatamente de estar autorizado a usar esta páxina web.

Non seremos responsables de calquera dano ou perda resultante dun ataque de denegación de servizo, virus ou calquera outro programa ou material tecnoloxicamente prexudicial ou daniño que poida afectar ao seu ordenador, equipo informático, datos ou materiais como consecuencia do uso desta páxina web ou da descarga de contidos da mesma ou aos que a mesma redireccione.

 

17. LINKS DESDE A NOSA PÁXINA WEB

 

No caso de que a nosa páxina web conteña links a outras páxinas web e materiais de terceiros, ditos links facilítanse unicamente a efectos informativos, sen que nós teñamos control algún sobre o contido de ditas páxinas web ou materiais. Polo tanto, non aceptamos responsabilidade algunha por calquera dano ou perda derivados do seu uso.

 

18. COMUNICACIÓNS POR ESCRITO

 

A normativa aplicable esixe que parte da información ou comunicacións que enviemos sexan por escrito. Mediante o uso desta páxina web, vostede acepta que a maior parte de ditas comunicacións con nós sexan electrónicas. Porémonos en contacto con vostede por correo electrónico ou facilitarémoslle información colgando avisos nesta páxina web. A efectos contractuais, vostede consinte en usar este medio electrónico de comunicación e recoñece que todo contrato, notificación, información e demais comunicacións que lle enviemos de forma electrónica compren cos requisitos legais de ser por escrito. Esta condición non afectará aos seus dereitos recoñecidos por lei.

 

19. NOTIFICACIÓNS

 

As notificacións que vostede nos envíe deberán enviarse a través do noso enderezo de correo electrónico soporte@linckia.es para información xeral ou para temas de facturación e pedidos. Poderemos enviarlle comunicacións ben ao e-mail ou ben ao enderezo postal facilitado por vostede á hora de realizar un pedido.

Entenderase que as notificacións foron recibidas e correctamente feitas no mesmo instante en que se colguen na nosa páxina web, 24 horas despois de terse enviado un correo electrónico ou tres días despois da data de franqueo de calquera carta. Para probar que a notificación foi feita, será suficiente con probar, no caso dunha carta, que tiña o enderezo de envío correcto, estaba correctamente selada e que foi debidamente entregada en correos ou nun buzón e, no caso dun correo electrónico, que o mesmo foi enviado ao enderezo de correo electrónico especificado polo receptor.

 

20. CESIÓN DE DEREITOS E OBRIGAS

 

O contrato é vinculante tanto para vostede como para nós, así como para os nosos respectivos sucesores, cesionarios e causahabentes. Vostede non poderá transmitir, ceder, gravar ou de calquera outro modo transferir un contrato ou algún dos dereitos ou obrigas derivados do mesmo, sen ter obtido o noso consentimento previo por escrito.

Podemos transmitir, ceder, gravar, subcontratar ou de cualquera outro modo transferir un contrato ou algún dos dereitos ou obridas derivados do mesmo, en calquera momento durante a súa vixencia. Para evitar calquera dúbida, ditas transmisións, cesións, gravámenes ou outras transferencias non afectarán aos dereitos que, no seu caso, vostede como consumidor ten recoñecidos por lei nin anularán, reducirán ou limitarán de calquera outra forma as garantías, tanto expresas como tácitas, que lle houbésemos podido outorgar.

 

21. ACONTECEMENTOS FÓRA DO NOSO CONTROL

 

Non seremos responsables por ningún incumprimento ou retraso no cumprimento dalgunha das obrigas asumidas, cando o mesmo se deba a acontecementos que están fóra do noso control razonable (“Causa de Forza Maior”).

As Causas de Forza Maior incluirán calquera acto, acontecemento, falta de exercicio, omisión ou accidente que estea fóra do noso control razonable e entre outros, os seguintes:

  • Folgas, peches patronais ou outras medidas
  • Conmoción civil, revolta, invasión, ameaza ou ataque terrorista, guerra (declarada ou non) ou ameaza ou preparativos de
  • Incendio, explosión, tormenta, inundación, terremoto, afundimento, epidemia ou calquera outro desastre
  • Imposibilidade de uso de trens, barcos, avións, transportes de motor ou outros medios de transporte, públicos o privados
  • Imposibilidade de utilizar sistemas públicos o privados
  • Actos, decretos, lexislación, normativa ou restriccións de cualquera goberno ou autoridade pública.

Entenderase que as obrigas quedarán suspendidas durante o período en que a Causa de Forza Maior continúe, e disporemos dunha ampliación no prazo para cumprir ditas obrigas por un período de tempo igual ao que dure a Causa de Forza Maior. Poremos todos os medios razonables para que finalice a Causa de Forza Maior ou para atopar unha solución que nos permita cumprir coas nosas obrigas a pesar da Causa de Forza Maior.

 

22. RENUNCIA

 

A falta de requerimento pola nosa parte do cumprimento estricto pola súa parte dalgunha das obrigas asumida por vostede en virtude dun contrato ou das presentes Condicións ou a falta de exercicio pola nosa parte dos dereitos ou accións que nos puidesen corresponder en virtude de dito contrato ou das Condicións, non suporá renuncia nin limitación algunha en relación con ditos dereitos ou accións nin lle exonerará a vostede de cumprir con tales obrigas.

Ningunha renuncia pola nosa parte a un dereito ou acción concreta suporá unha renuncia a outros dereitos ou accións derivadas dun contrato ou das Condicións. Ningunha renuncia pola nosa parte a algunha das presentes Condicións ou aos dereitos ou accións derivados dun contrato surtirá efecto, a non ser que se estableza expresamente que é unha renuncia e se formalice e se lle comunique a vostede por escrito de conformidade co disposto no apartado de Notificacións anterior.

 

23. NULIDADE PARCIAL

 

Se algunha das presentes Condicións ou algunha disposición dun contrato fosen declaradas nulas e sen efecto por resolución firme ditada por autoridade competente, os restantes termos e condicións permanecerán en vigor, sen que queden afectados por dita declaración de nulidade.

 

24. ACORDO COMPLETO

 

As presentes Condicións e todo documento ao que se faga referencia expresa nas mesmas constitúen o acordo íntegro existente entre vostede e nós en relación co obxecto das mesmas e substitúen a calquera outro pacto, acordo ou promesa anterior convenida entre vostede e nós verbalmente ou por escrito.

Vostede e nós recoñecemos ter consentido a celebración dun contrato se ter confiando en ningunha declaración ou promesa feita pola outra parte ou que puidera inferirse de calquera declaración ou escrito nas negociacións entabladas polos dous antes do mesmo, salvo aquilo que figura expresamente mendionado nas presentes Condicións.

Nin vostede nin nós dispoñeremos de acción frente a calquera declaración incerta realizada pola outra parte, verbal ou escrita, con anterioridade á data dun contrato (agás que se fixera tal declaración incerta de forma fraudulenta) e a única acción da que disporá a outra parte será por incumprimento de contrato de conformidade co disposto nas presentes Condicións.

 

25. NOSO DEREIRO A MODIFICAR ESTAS CONDICIÓNS

 

Reservámonos a facultade de modificar o Termos e Condicións. As modificacións introducidas non terán carácter retroactivo.

Se Vostede non está de acordo coas modificacións introducidas, recomendámoslle non facer usa da nosa páxina web.

 

26. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

 

O uso da nosa páxina web e os contratos de compra de produtos a través de dita páxina web rexiranse pola lexislación española.

Calquera controversia que xurda ou garde relación co uso da páxina web ou con ditos contratos será sometida á xurisdición non exclusiva dos xulgados e tribunais españois.

Se vostede está contratando como consumidor, nada na presente cláusula afectará aos dereitos que como tal lle recoñece a lexislación vixente.

 

27. COMENTARIOS, SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS

 

Os seus comentarios e suxestións serán ben recibidos. Pregámoslle que nos envíe tales comentarios e suxestións, así como cualquera consulta, queixa ou reclamación, a través das nosas vías de contacto ou do enderezo postal ou de correo electrónico indicados na cláusula 2 das presentes Condicións. Ademais, temos follas oficiais de reclamación a disposición dos consumidores e usuarios. Pode solicitalas a través das nosas vías de contacto.

As súas queixas e reclamacións ante o noso servizo de atención ao cliente serán atendidas no prazo máis breve posible.