Un dos servizos que ofrecemos dende a bodega é a posibilidade de realizar visitas guiadas ás nosas instalacións, onde poderá coñecer en maior profundidade a elaboración dos nosos produtos. As visitas á adega, sempre baixo cita previa concertada, poderanse completar cunha degustación dos nosos viños.
Ademais ofrecemos visitas personalizadas como, por exemplo, as visitas ao viñedo con petisco, comidas, reunións e outros eventos, tanto profesionais como particulares, no noso salón.