Terras Gauda

A nosa bodega

A orixe de Bodegas Terras Gauda remóntase a 1990 coa fundación de Viñedos do Rosal S.A. e Adegas das Eiras S.A.

 

A adega apostou dende os seus inicios polo I+D+i como elemento diferenciador para elaborar viños de marcada singularidade e calidade, a partires das variedades nobres e cultivadas segundo a tradición da zona nas 160 hectáreas de viñedo propio e asociado, situadas nunha paraxe privilexiada moi preto da desembocadura do Río Miño no val do Rosal. Destaca neste sentido a súa contribución á preservación da variedade autóctona Caíño Blanco, a piques de desaparecer do panorama vitícola.

 

Actualmente, Terras Gauda está presente en máis de 60 mercados de cinco continentes.

Enoturismo

Terras Gauda ofrece múltiples propostas de enoturismo caracterizadas pola súa flexibilidade e capacidade de adaptación aos distintos perfís. Durante todo o ano existe a posibilidade de achegarse á adega para unha toma de contacto na que se poden coñecer os procesos de elaboración e desfrutar dunha degustación dos seus viños. Un plan que nos meses de verán amplíase cun paseo entre viñedos.

 

A oferta de enoturismo de Terras Gauda amplíase co plan familiar, concibido para que maiores e pequenos gocen por igual dunha experiencia diferente, no que os nenos e nenas dan renda solta á súa creatividade en talleres especialmente concibidos para eles; o plan romántico, deseñado para que as parellas de namorados gocen dun día inesquecible; e o plan entre amigos, unha modalidade de grande éxito na que tamén poden participar empresas para estreitar lazos entre compañeiros, garantindo sempre os bos momentos.

A Portela s/n.

San Juan de Tabagón. 

36760 O Rosal