O sentimento pola súa terra e pola viña leva á familia Gómez a asentar a súa historia no mundo do viño desde 1954. Dende entón, mantén o respecto pola elaboración tradicional mentres explora a máxima expresión dos seus viñedos, presentes principalemente en Galicia e nas Denominacións de Orixe máis recoñecidas de España.
Esta historia vitivinícola comeza preto da súa casa de Galicia, onde a escasos metros se atopa o viñedo Altos de Torona, o máis grande dunha soa peza de Rías Baixas e o segundo viñedo con selo de Produción Integrada, certificación que garante o cultivo sostible das variedades de uva e o proceso de elaboración dos viños Altos de Torona.