O Rosal. Viño, e máis!

Desfruta da Feira do Viño!

A Feira do Viño en imaxes!

O Rosal. Viño, e máis!

O programa!

Venres 7 de outubro, pola mañá

Cata de viños das adegas que forman parte da Asociación Empresarial Adegas do Rosal. Terá lugar no restaurante Juan en Rúa do Couso, 18, 36770 O Rosal.

Este ano contamos có Enxeñeiro agrónomo con mestrado en Viticultura e Enoloxía Pedro Ballesteros, quen dirixirá a cata de nove viños do Rosal.

Inscrición:

Para participar é preciso inscribirse previamente e o requisito imprescindible é ser maior de idade, podes inscribirte aquí.

Venres 7 de outubro, á tardiña

20.00 h. | Inauguración e pregón con Pedro Ballesteros. Nomeamento de confrades e entrega de insignias

Inauguración:

A partir das 20:00 h. na praza do Calvario terá lugar a tradicional inauguración da Feira do Viño do Rosal da man da alcaldesa, Ánxela Fernández Callís e outras autoridades.

Pregón:

Trala inauguración terá lugar o pregón. Nesta 30ª edición da Feira do Viño do Rosal contamos cun pregoeiro de altura: Pedro Ballesteros. Enxeñeiro agrónomo con mestrado en Viticultura e Enoloxía, foi o primeiro español Master of Wine.

É activo nos campos de promoción e educación, é membro do Consello do Instituto de Masters of Wine, a xunta directiva da Unión Española de Catadores, o Consello da Federación Internacional de Xornalistas do Viño, o Comité Veu do Basque Culinary Centre e outras institucións. Experto nacional para España na Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV). Membro da Gran Orde de Cabaleiros do Viño.

21.30 h. | Concerto con Moon Cresta

O concerto de Moon Cresta será o encargado de arrancar á programación da Feira do Viño na nova Praza! Unha banda consolidada que vive por e para os escenarios, e que farán vibrar ao público asistente co seu potente directo.

Eles mesmos din nas suas redes sociais que Moon Cresta é o resultado de sumar o esforzo, destreza, creatividade e entrega de catro músicos

 

02.00 h. | Peche da feira

Sábado 8 de outubro, pola mañá

11.30 h. | Apertura das casetas

12.00 h. | Showcooking cos chef Iván Méndez e Álex Iglesias

En colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural chega a esta edición o Proxecto LEADER transnacional “Eurochef: sharing gastronomy and experiences”.

Da man dos chefs Iván Méndez e Álex Iglesias poderemos disfrutar dunha sesión demostrativa de cociña de alta calidade empregando os produtos gastronómicos dos territorios de Eu Rural e PoNorte, os dous grupos de desenvolvemento implicados en EuroChef.

13.30 h. | Concerto lixeiro con Blues do Pais

Gozar degustando os viños do Rosal mentres desfrutamos da música nun concerto lixeiro e tranquilo ao medio día volvera a ser posible nesta edición da Feira do Viño.

Unha “sesión vermú” onde sustituimos o vermú polos excelentes caldos do Rosal.

Blues do País serán os encargados de poñer a música nesta “sesión viño”. Este dúo formado por Bieitta James e Pepe King adapta clásicos do xénero á lingua galega e conta cun directo sorprendente.

Sábado 8 de outubro, pola tarde

17.00 h. | Actuación infantil con O Mago Paco

Actuación de maxia para as nenas e nenos da casa.

Da mán de O Mago Paco, un espectáculo dirixido a público infantil que mestura ilusionismo, música e humor.

O Mago Paco especializouse na categoría de maxía infantil, sendo un dos poucos magos galegos especialistas nesta rama tan maravillosa da maxia. Os seus espectáculos caracterizanse por una mezcla de varias artes escénicas coa maxia, suma que aportalle dinamismo e fantasía no escenario.

19.00 h. | Grupo de Gaitas Airiños do Folón

Na programación da Feira do Viño non podía faltar unha actuación de música tradicional galega.

O grupo de gaitas amenizará a tarde do sábado desta edición da Feira do Viño será Airiños do Folón.

Sábado 8 de outubro, á tardiña

21.30 h. | Concerto con Broken Peach

A xornada do sábado rematará por todo o alto coa actuación de Broken Peach! Unha banda de rock e soul que sobresae pola súa personalidade e frescura.

Broken Peach diferénciase das típicas bandas de covers, dándolle un son persoal a cada unha das cancións que interpretan, incluíndo tamén algúns mashups. Un dos mellores activos de Broken Peach é usar unha estética extravagante, que dá unha frescura visual aos seus concertos en directo.

02.00 h. | Peche da feira

Domingo 9 de outubro, pola mañá

Nesta edición a Feira do Viño fai un oco na súa programación para fomentar a inclusión!

Unha xornada perfecta para divertirse en familia e para achegarse a diferentes actividades deportivas adaptadas. Haberá handbike, balonmán, petanca e mesmo unha carreira a cegas por parellas.

Terá lugar o domingo 9 de outubro de 10 a 14 horas, no Pavillón Municial do O Rosal.

Inscrición:

Para participar é preciso inscribirse previamente, podes inscribirte aquí.

Domingo 9 de outubro, ao mediodía

11.30 h. | Apertura das casetas

13.00 h. | Concerto lixeiro con Pandereteiras Tremelique

Tremelique está formado por Lorena Villa, Rebeca Rodríguez, Miriam Diego, Elena Dorado, Tania Rodríguez e Berta Castro. A súa música enfocada ao estilo tradicional con un toque moderno, pero sempre co obxetivo de transmitir as nosas raices culturais e que a música tradicional siga viva.

Este grupo naceu en 2015 e desde ese momento empezaron a traballar na transmisión da música popular galega a través do canto e da pandeireta.

Domingo 9 de outubro, á tardiña

20.00 h. | Concerto con Awen

O peche da nosa Feira do Viño estará amenizado coa gran actuación de Awen.

Este dúo vigués mestura versións de clásicos do rock, soul e blues con temas de creación propia. Son dúas voces potentes unidas por unha guitarra e pola súa grande paixón: a música

24.00 h. | Peche da feira

Estamos nas redes sociais!

[social_board id=”747″ type=”masonry”]

Que é a Feira do Viño do Rosal?

“A Feira do Viño do Rosal ten como obxectivo primordial promocionar os sectores vinícolas, conserveiros e de produtos típicos de horta e flor que se producen no Val do Rosal. Este goza dun microclima especial que lle dá aos seus produtos agrícolas a calidade indiscutible que fai que sexan premiados non só no noso país, senón tamén en certames internacionais como o demostran os numerosos premios
Paralelamente á celebración da feira realízanse exposicións culturais, actividades para nenos, exposición filatélica, actuacións musicais, etc.”

Turismo de Galicia

turismo.gal

“A afluencia á Feira do Viño do Rosal adóitase calcular en varios miles de persoas. A festa convértese en todo un tributo aos caldos con Denominación de Orixe Rías Baixas , na que numerosas adegas achegan os seus viños aos visitantes.
Durante tres xornadas, ademais de saborear as distintas variedades de viño, O Rosal propón unha festa na que, como en toda a provincia de Pontevedra, a gastronomía goza tamén dun papel destacado. Así, non faltan as tapas variadas, os mariscos das costas galegas ou a tortilla . Os visitantes chegan ao Rosal atraídos pola calidade dos seus viños, e non só desde o resto da provincia, senón tamén desde distintos puntos de España e do país veciño, Portugal.
(…)
Algunhas das adegas ofrecen a posibilidade de coñecer o proceso de cultivo, colleita e produción. Adegas Val Miñor, Quinta de Couselo, Terras Gauda, Lagar de Fornelos, Adegas Aldea de Abaixo, Destilería Pazo Valdomiño e Santiago Ruíz destacan entre as máis representativas.”

Turismo Rías Baixas

turismoriasbaixas.com

Promove e organiza

Colabora